domingo, 14 de marzo de 2010

A nena e o grilo


A nena e o grilo é o segundo libro-CD da sección musical de Oqo Editora. Cancións que receitan apertas.
Magín Blanco, xunto coas voces de Guadi Galego, Uxía, Fred Martins, Ugía Pedreira e ate un coro de nenos pediránlle ao doutor que nos receite apertas, moitas apertas...
Magín Blanco & Iván Prieto.
Prezo: 20 €

jueves, 17 de septiembre de 2009

Qué tal, vexetal? Alimentos con sentimentos



A primeira edición en Galego deste título data de xuño do 2005, por parte da editorial ourensá Linteo. Neste fabuloso álbum as laranxas, os pementos, as mazás, os limóns, as fresas, as cebolas, os tomates e outros alimentos expresan os seus sentimentos. É FABULOSOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

Editorial Linteo. Prezo: 15 €.

Premio Nacional de Ilustración 2009


Miguel Calatayud (Aspe, Alacante 1942) foi galardoado co premio nacional de ilustración 2009, polo conxunto da súa obra.
Editorial Kalandraka.
Prezo: 16.97 €.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Atlas Cronológico de la Historia de España


A Real Academia da Historia recolle nesta obra os acontecementos máis significativos da Historia de España.
Dende a Prehistoria ate as eleccións xerais do 2008, os seus máis de 14000 hitos sucedense ordeados no tempo e no espacio en máis de 300 mapas. Conta tamén con máis de 600 fotografías.
Editorial SM.
Prezo: 95 €

miércoles, 19 de agosto de 2009

Juegos y juguetes tradionales.


O autor deste interesante e entrañable libro fai unha compilación dos xogos e xoguetes pertencentes a súa infancia, entre 1940 ate 1953, ademáis de recoller adiviñas, trabalínguas e cancións infantís.
Editorial Arguval. Francisco Selva López.
Prezo: 20 €

150 juegos para la estimulación adecuada.


Este libro contén 150 actividades para que pais e educadores en xeral as compartan dende o nacemento do neno ou nena ate os tres anos de idade. Todas estas actividades favorecen o propio coñecemento e o do entorno, facilitan o establecemento de vínculos afectivos, estimulan as capacidades sensoriais e cognitivas do neno ou nena e desenrolan a súa psicomotricidade.
Ademáis ten máis de 120 fotografías relacionadas coas actividades e máis de 75 debuxos a toda cor.
Editorial Parramon. Jorge Batllori. Víctor Escandell.
Prezo: 25 €

Juegos para la educación infantil. Preescolar 3 años




Dentro da nosa sección de libros pedagóxicos, este libro é imprescindible para educadores, xa que lles amosará os seus obxectivos curriculares dun xeito moi ameno, para que os máis cativos poidan asimilalos espontáneamente. Ademáis deste título, a colección ten dous libros máis: Preescolar 4 anos e Preescolar 5 anos. Cada volúme ofrecerá 58 xogos adaptados a cada segmento de idade.


Editorial Parramón. Sofía Kloppe. Jorge Batllori / Horacio Elena

Prezo: 14 €