domingo, 1 de febrero de 2009

O debut de Martino Porconi



Esta recreación do conto tradicional de Charles Perrault a cargo de Xosé A. Neira Cruz amosará ao lector-oínte unha experiencia única, xa que éste disfrutará lendo e escoitando a narración e a música de Britten e de Shostakovich interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Maximino Zumalave.

Prezo: 27 €

Una fantasía del Doctor Ox

Recoméndovos este relato de Verne que atópase na coidada edición que a editorial ourensá Duendebux publicou en xullo do 2007.

A vida tranquila e relaxada dos habitantes de Quinquedone verase alterada pola presencia do Doctor Ox e o seu axudante Ygène...

Jules Verne. Traducción: Esther Prada. Ilustración: Miguel Robledo.

Prezo: 17 €

O nacemento do dragón



Nesta marabillosa obra, bilingüe galego-chino mandarín poderemos comprender a orixe desta criatura mítica. O libro contén ademáis un mural despregable no que se explica a técnica dos ideogramas e da escritura chinesa.

Wang Fei, Marie Sellier, Catherine Louis. Prezo: 15 €