miércoles, 19 de agosto de 2009

Juegos y juguetes tradionales.


O autor deste interesante e entrañable libro fai unha compilación dos xogos e xoguetes pertencentes a súa infancia, entre 1940 ate 1953, ademáis de recoller adiviñas, trabalínguas e cancións infantís.
Editorial Arguval. Francisco Selva López.
Prezo: 20 €

150 juegos para la estimulación adecuada.


Este libro contén 150 actividades para que pais e educadores en xeral as compartan dende o nacemento do neno ou nena ate os tres anos de idade. Todas estas actividades favorecen o propio coñecemento e o do entorno, facilitan o establecemento de vínculos afectivos, estimulan as capacidades sensoriais e cognitivas do neno ou nena e desenrolan a súa psicomotricidade.
Ademáis ten máis de 120 fotografías relacionadas coas actividades e máis de 75 debuxos a toda cor.
Editorial Parramon. Jorge Batllori. Víctor Escandell.
Prezo: 25 €

Juegos para la educación infantil. Preescolar 3 años




Dentro da nosa sección de libros pedagóxicos, este libro é imprescindible para educadores, xa que lles amosará os seus obxectivos curriculares dun xeito moi ameno, para que os máis cativos poidan asimilalos espontáneamente. Ademáis deste título, a colección ten dous libros máis: Preescolar 4 anos e Preescolar 5 anos. Cada volúme ofrecerá 58 xogos adaptados a cada segmento de idade.


Editorial Parramón. Sofía Kloppe. Jorge Batllori / Horacio Elena

Prezo: 14 €

martes, 18 de agosto de 2009

100 Juegos para el verano

A colección "Juegos para todo el año" está clasificada por estaciones: "Juegos para la primavera", "Juegos para el verano", "Juegos para el otoño" y "Juegos para el invierno". Cada volúme contén 100 xogos descritos dun xeito moi ameno. O texto, acompañado das ilustracións explica cómo xogar, a idade recomendada para cada xogo, a duración aproximada, nº de xogadores, material necesario e o grado de actividade. En resume, un montón de ideas fáciles e atractivas para poder xogar sempre.

Editorial Parramón. Autor: J.M. Allué
Prezo: 14 €

A toupiña. Libro despregable



"Vaiche boa!", berrou a toupiña.
"Quen me fixo isto na cabeza?"
A toupiña irá preguntando a diferentes animais ate que ao final unhas moscas diranlle quen lle fixera aquilo, aquilo na cabeza.
Werner Holzwarth / Wolf Erlbruch
Kalandraka. Prezo: 20 €.

En tiempos de Azur&Asmar




Este álbum documental da película Azur&Asmar, de Michel Ocelot axudará a entender moitos detalles da película mostrando a cultura e o tempo de Azur&Asmar. Deste xeito, poderemos viaxar polas páxinas deste libro comprendendo cómo se crea o Islam, cómo eran as cidades, as mezquitas, o comercio...

Michel Ocelot. Texto: Sandrine Mirza.

Editorial SM. Prezo: 19.20 €

lunes, 17 de agosto de 2009

A mariquita rosmona


Neste fantástico álbum de Eric Carle, a mariquita rosmona sempre está de moi mal humor, nunca pide as cousas por favor, non sabe o que é compartir e ademáis cre que é millor ca ninguén. Este conto invita aos nenos a explorar os conceptos da hora, o tamaño, a forma e os modales.

Editorial Kalandraka. Prezo: 15 €